Non era un partido fácil o que se lle presentaba este domingo ao Bergantiños FC, correspondente á 15ª xornada de Terceira División Grupo 1, xogaba a porta pechada contra un dos equipos que foi de menos a máis e fíxose forte na categoría, o Racing C. Villalbés, co que se atopaba empatado a 24 puntos antes do encontro. A cabeza da clasificación, de momento, era cousa destes dous equipos, acompañados polo Somozas que tamén gañou no seu feudo ao Viveiro e mantense líder con 29 puntos, dous máis que o Bergantiños. O encontro foi moi respectuoso e igualado, na Magdalena, entre ambos os equipos. Houbo que esperar á segunda parte para que Yelco abrise o marcador no minuto 55. A partir de aí o partido púxose de fronte para o equipo carballés e 13 minutos máis tarde Remeseiro sentenciaba a contenda co que sería o definitivo 0-2. Tres puntos para o Bergantiños, que posiblemente saiban a máis, dada a dificultade do encontro e a paridade co equipo local.
41