O Bergantiños FC gaña pulso mentres o Paiosaco non pasa do empate


O Bergantiños sumou tres puntos tras gañar 2-0 ao Rápido de Bouzas este domingo en As Eiroas. O equipo carballés chegou coa intención de aumentar a súa puntuación despois de empatar 1-1 no último partido disputado fronte ao Deportivo Fabril, ante un Rápido de Bouzas que levaba un refacho de tres derrotas consecutivas. Os goles chegaron na segunda parte, o primeiro no minuto 55 e o segundo no 59. Tras o marcador, o equipo carballés é décimo cuarto, mentres que o Rápido de Bouzas é décimo oitavo en postos de descenso. O próximo rival do equipo carballés será o Polvorín.

Dúas casillas máis abaixo e pechando a táboa segue o UD Paiosaco-Hierros, que rascou un punto de gloria ao empatar 1-1 na casa do Arousa, que vai terceiro. Un partido que foi gañando o Paiosaco desde o minuto 44 con gol de Gamallo, cando todo parecía que o encontro estaba finiquitado, Catú empatou a contenda no minuto 90.

Resultados Xornada 27

Clasificación Xornada 27