O Bergantiños FC, mantén as iniciativas levadas a cabo no último partido disputado no Estadio Municipal de As Eiroas ante a Unión Adarve, para o último partido da Tempada 21/22 que disputará o primeiro equipo no seu feudo. Este domingo, visita Carballo o Real Avilés correspondente á Xornada 33 (08 de maio ás 12:00, horario unificado marcado pola RFEF), e converterase nun partido crave para que o Bergantiños FC poida ocupar un posto para disputar a fase de ascenso que se xogará en Alacante. Ante a importancia do encontro, o club quere vivir unha auténtica festa “vermella” con todos os seus socios e socias e todos os afeccionados que ao longo desta tempada mostraron o seu incondicional apoio, polo que todo aquel público local que queira ver o partido en As Eiroas poderá facelo de xeito gratuito. O club decidiu non cobrar os cinco euros que tiña previsto.
42