O Bergantiños FC chegou a un acordo para a renovación do corpo técnico do primeiro equipo. Deste xeito, o adestrador José Luis Lemos, o preparador físico Iago Martínez e o adestrador de porteiros, David Yáñez, continuarán á fronte do equipo para a tempada que vén, na que o Bergantiños militará en 2ª RFEF.
O club aposta así por prolongar a relación co corpo técnico que «demostrou a súa implicación e profesionalidade neste proxecto» explica o presidente, Luciano Calvo e engade que, con iso, «pretendemos dar continuidade ao traballo realizado e seguir dando pasos que contribúan ao crecemento do Bergantiños FC e da nosa localidade, Carballo».