O Bergantiños FC sumou tres novos puntos, e colócase á cabeza da táboa con 34, tras gañar 2-0 ao CSD Arzua este mércores en As Eiroas, en Carballo. Non houbo goles durante os primeiros 45 minutos, pero o equipo local mostrábase claro dominador do encontro. Nada máis comezar a segunda parte Tarí abriu a lata para o conxunto carballés no minuto 48. O propio Tarí faría dobrete no minuto 56, conseguindo o 2-0. Con este resultado o Bergantiños ponse á cabeza da clasificación da Terceira División Grupo 1 e se nada falla, que pase o seguinte, que será o Somozas este domingo tamén en partido aprazado.