O Bergantiños feminino na final polo ascenso a Primeira

O Bergantiños feminino gañou pola mínima este domingo no estadio Río Seco o partido de semifinal á fase de ascenso a Primeira División galega que xogou en Narón ante o SDCR Narón O Freixo por 1-2 e con remontada incluída, tras comezar perdendo 1-0. As xogadoras do conxunto carballés fixeron un gran partido, Noe e Cruz foron as materializadoras dos goles que sitúan ao equipo na final polo ascenso para disputar ante o CD Bueu, que derrotou ao Unión Club Cee 0-4 no outro partido de semis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha