O Bergantiños feminino proclamouse campión de Grupo


O Bergantiños feminino puxo o broche de ouro á tempada este domingo no derbi xogado no campo de A Xaviña en Buño contra a Unión Deportiva Cerqueda. O conxunto carballés arrastraba unha boa racha e viña de gañarlle ao Ordes a pasada fin de semana nas Eiroas por 5-0. O pasado axuda, pero do pasado non se vive, polo que este domingo as “guerreiras vermellas” tiñan un encontro decisivo para proclamarse campioas de Liga da Segunda División Feminina Grupo B, dependían de si mesmas e non defraudaron, 0-8. O marcador moveuse do seguinte xeito, 0-1 min 6 Cruz. 0-2 min 30 Yaiza. 0-3 min 33 Noe. 0-4 min 35 Cruz. 0-5 min 56 Cruz. 0-6 min 62 Laura Caamaño. 0-7 min 65 Bárbara. 0-8 min 71 Carla.