O Bergantiños feminino segue líder e depende de si mesmo para gañar a liga

Esta última xornada correspondente xa á 9ª da Segunda División Feminina, o Bergantiños disputou en As Eiroas, ante un centenar de espectadores, o seu partido ordinario fronte ao pechacancelas, a SDC Ordes. O conxunto carballés foi superior de principio a fin, logrando unha vitoria por cinco goles a cero. Con este resultado o Bergantiños segue liderando a clasificación e depende de si mesmo para gañar esta liga do grupo B e clasificarse así para a fase de ascenso a primeira galega. O próximo partido do Bergantiños será no campo da Xaviña en Buño contra o Cerqueda, no último partido deste grupo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha