O Bergantiños gáñalle ao Fabril 2-1, Paiosaco e Fisterra volveron a perder fóra da casa


Esta fin de semana disputouse a Xornada 7 de Terceira División Grupo 1, onde compiten tres equipos da Costa da Morte. O Bergantiños FC sumou tres puntos o seu marcador tras gañar 2-1 contra o Deportivo Fabril este domingo en As Eiroas e xa leva tres vitorias consecutivas. Yelco Alfaya inaugurou o marcador para o equipo carballés dous minutos antes do descanso. Xa no segundo tempo Boedo empataba o encontro para o Fabril no minuto 81 de penalti. O Bergan rearmouse ben e lanzouse a por o partido, froito diso, no minuto 86 Marcos Remeseiro anotaba o definitivo 2-1, que sitúa ao Bergantiños con 14 puntos na táboa, en posto de acceso ao playoff de ascenso a Segunda B.

A outra cara da moeda, a da derrota, volvérona a descubrir o Fisterra e o Paiosaco. Os de Juan Riveiro aínda non coñecen a vitoria esta tempada. Este domingo xogaron en terras luguesas contra o filial do Lugo “un rival directo”, o Polvorín FC, contra o que perderon pola mínima 1-0. Con tan só 3 puntos o Paiosaco vai de 11 na clasificatoria, en postos do Playoff polo descenso.

Pola súa banda o Fisterra tamén se deixou tres puntos esta xornada ante o Racing C. Villalbés no Municipal A Magdalena, onde ía gañando 0-2 no descanso con goles de Diego Cespón e Ramos, pero non foi quen de amarrar o resultado. Tras a continuación os locais viñeronse arriba e reduciron distancia grazas a un gol de Cuadrado no minuto 65. Dez minutos máis tarde Santi estableceu as táboas no luminoso 2-2 e xusto sobre a bucina, Mariño anotaba o definitivo 3-2, que deixa ao equipo de Jaime Sánchez noveno na clasificación.