O Bergantiños gañoulle ao líder, o Unión Adarve, e entra de novo en postos de ‘play-off’ (2-0)


O Bergantiños certificou este domingo a permanencia e soña de novo coa promoción ao situarse provisionalmente en quinto lugar da clasificación con 45 puntos, o Compostela é sexto con 44. Os de José Luis Lemos tombaron 2-0 ao Unión Adarve nun partido moi quente no que os dous equipos finalizaron con 10 xogadores sobre o campo e houbo varias leas durante o partido (mesmo un asistente do conxunto carballés finalizou expulsado). O partido estivo marcado pola expulsión moi cedo do xogador Dani Ramos do Unión Adarve, nunha xogada moi rara na que o colexiado sinalara en primeira instancia falta a favor do cadro visitante, pero acabou expulsando ao xogador. A partir diso liquidou o Bergantiños, dous goles na primeira parte de Yelco e Christian para colocar o 2-0 no marcador que finalmente non se moveu.

Ambos os adestradores fixeron movementos nos bancos. O do Bergantiños deu entrada a Antón, Martín Lamelas, Charly e Anton Escobar por Jorge Cano, Marcos Remeseiro, Yelco Alfaya e Martínez, mentres que o Unión Adarve deu entrada a Miñambres, Quella, Nouaman, Andrei e Albur por Maganto, Cidoncha, Porteiro, Montejo e Gallardo. Durante os 90 minutos de encontro víronse un total de seis tarxetas. Do Bergantiños sancionouse con amarela a Chapu Brunet, Brais Martinez e Antón e con vermella a Brais Martinez, mentres que no equipo lobo sancionouse a Calleja con tarxeta amarela e con vermella a Dani Ramos. Co triunfo, o Bergantiños mantén intactas as súas opcións de xogar o play-off.