O Bergantiños marcou primeiro, pero o Palencia Cristo remontoulle (2-1)


Todo se lle puxo de fronte ao Bergantiños, porque aos dous minutos adiantábase no marcador, por mediación de Remeseiro, ao aproveitarse dunha pena máxima cobrada polo colexiado tras man de Ale. Con todo o tempo por diante, si, pero tamén coa presión de ter que gañar o primeiro partido de liga e coa laxa da remontada, cando tampouco se marcou gol algún nos tres partidos anteriores, o Palencia Cristo comezaba a loita. O Bergantiños, co 0-1, sentiuse cómodo, cun Boedo lucindo a súa zurda, controlando o partido e a situación. Pero faltoulle cabeiro para aproveitarse do baixón anímico dos locais, que tardaron en recompoñerse. O empate chegaría produto dun erro previo dun defensor visitante metendo no campo un balón que se ía pola liña de fondo, provocando o centro preciso para que Herrera empatase, 1-1, no minuto 32, e co que se chegaría ao descanso. Ao comezo da segunda parte unha moi boa intervención de Canedo baixo paus privou aos locais de irse por diante no marcador. O Bergantiños creaba ocasións, pero o balón duráballe moi pouco. O azar quixo que o coruñés Adri Castro desequilibrase a balanza pola escuadra no minuto 74 tras un saque de esquina, establecendo o definitivo 2-1.