O conxunto coruñés recibía en Abegondo ao Bergantiños este mércores coa moral ao grande tras gañarlle a 3 rivais de Terceira RFEF como Sofán, Silva e Racing Villalbés, pero o filial deportivista caeu derrotado por un de Segunda, (1-3). David Suárez foi o autor do único gol branquiazul.
Apenas transcorreran 6 minutos, cando Álex Boedo fixo o 0-1. O exfabrilista cabeceou un córner e adiantou aos de Carballo ao pouco de empezar o partido. David Suárez devolveu as táboas ao marcador. O central canario impúxose por alto nun saque de esquina botado por Víctor Guerra e, de cabeza, colocou o 1-1, co que se chegaría ao descanso.
Xa no segundo tempo, o Bergantiños levaría o gato á auga. Aos 60 minutos, Carlos López anticipouse á súa marca e cabeceou no primeiro pau un centro lateral. Era o 1-2. Dez minutos máis tarde, o propio centrocampista aresano asinaría o 1-3 cun zurdazo desde fóra da área.
Noutra orde de cousas, o Sofán tamén xogou un amigable este mércores contra o Xallas en O Carral. Encontro con claro dominio local con goles materializados por Fabián Vidal e Michel Kolie, 2-0.