O Bergantiños métese na seguinte rolda da Copa do Rey tras gañar ao Tudelano 2-0


Declaracións do adestrador do Bergantiños, José Luis Lemos Ameneiro, logo de pasar a 1ª eliminatoria da Copa do Rey.

O Bergantiños é o segundo equipo galego que se mete na seguinte rolda da Copa do Rey. Eliminou ao Tudelano cun gol de Uxío na primeira parte e outro de Yelco na última xogada do partido. O equipo local mostrouse superior ao seu rival nunha tarde de festa en As Eiroas, con preto de setecentas persoas na bancada envorcadas en todo momento co equipo rojillo. Agora haberá que esperar ao que depare o sorteo para coñecer o próximo rival na competición copeira. Despois de 34 anos o Bergantiños consegue superar unha eliminatoria copeira. Daquela, en 1.987, conseguira pasar dúas e conseguira enfrontarse ao Raio Vallecano. Agora entrará no sorteo desexando ter a mesma sorte que a temporada anterior, cando foi emparellado co Sevilla.

Celebración dun dos goles marcados polo Bergantiños.