Partido moi disputado o xogado este domingo en As Eiroas no que ambos os equipos xogábanse cousas importantes, os locais afianzar a súa posición entre os elixidos para a fase de ascenso, e os avilesinos buscando o dobre obxectivo de salvarse e soñar. O Avilés adiantouse no marcador cun gol de Kilian rematando un centro de Sergio García. Con esa vantaxe que o propio Kilian puido aumentar pouco despois, chegouse ao descanso para dar paso a un segundo tempo de ida e volta. O Bergantiños empuxou moito e pasado o minuto sesenta puxo o empate cunha vaselina de Cristian nun balón ás costas da defensa. O gol abriu o partido e os cambios revolucionaron aos dous equipos, con ocasións para ambos. O tempo foise consumindo sen que ningún renunciase á vitoria, que se apuntou o Avilés no tramo final. Morcillo cabeceou de maneira impecable un saque de esquina no minuto 89 e o galego Iago Díaz marcou no tempo engadido a pracer un servizo de Natalio. O Bergantiños mantense sexto na xeral con 48 puntos. A próxima xornada xogará contra outro «necesitado» como é o Arousa.