O Bergantiños pecha a primeira volta con vitoria tras derrotar ao Arousa 2-1


O conxunto carballés que dirixe José Luis Lemos Ameneiro mediuse na casa este sábado co Arousa, ao que terminou derrotando 2-1. Os dous equipos comezaron moi enchufados e con diversidade de ocasións para abrir o marcador nos primeiros minutos, nunha fría tarde en As Eiroas. Sería no minuto 33 cando o Bergantiños aproveitaría un erro defensivo do rival nunha perda de balón que materializaba en gol Carlos López para poñer o 1-0 no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso.

Tras a continuación, o Arousa envorcouse en buscar o empate e conseguíao no minuto 59 Alberto Martín, tras un bo centro de Nuño. Volta a empezar e todo por decidir, o Bergantiños defendeu ben, o Arousa acosaba e un acertado Santi Canedo priváballe do gol. Así as cousas no minuto 75 tras un gol anulado, o colexiado, moi criticado, pitou a falta na que se xerminaría o segundo gol do Bergantiños tras o saque e varios rexeites un acertado Cano marcaba o definitivo 2-1.

O Bergantiños pecha deste xeito a primeira volta da competición, gañando un derby, sumando tres puntos máis, que xa son 25, e que o sitúan na quinta posición da táboa clasificatoria da a recentemente creada Segunda RFEF.

Rolda de prensa post-partido do adestrador do Bergantiños FC, José Luis Lemos Ameneiro: