O Bergantiños pechou tempada cunha derrota en Oviedo (3-1)

O Real Oviedo Vetusta logrou o triunfo de forma moi contundente, impoñéndose por tres goles a un ao Bergantiños, pechacancelas e xa descendido semanas atrás. Ningún dos dous equipos se xogaba nada a nivel clasificatorio, pero Miguel Cuesta, Álex Cardero e Sesé sentenciaron pola vía rápida na primeira metade, e o tanto do Bergantiños, por mediación de Remeseiro no minuto 80 de partido, só serviu para maquillar o marcador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha