O Bergantiños perde 2-1 en Madrid ante o Unión Adarve

Bergantiños FC.

O partido correspondente a esta décimo cuarta xornada en Segunda RFEF foi celebrado este domingo no Estadio Municipal García de la Mata – Vicente del Bosque. O conxunto carballés medíase ao líder da competición, quen ademais carrexa un refacho envexable con varias vitorias seguidas , ás que agora suma unha máis. Un gol temperán dos locais no minuto dous, quizais foi demasiado castigo para o Bergantiños, que a pesar desa laxa durante todo o primeiro tempo, non se veu abaixo e aos dez minutos do segundo tempo lograba empatar a contenda por mediación de Jorge Cano. O Bergantiños estaba a xogar ben, pero minutos máis tarde, no 68, o xogador local Portero era o encargado de marcar unha nova distancia no luminoso, 2-1, resultado co que finalizaría o encontro. A próxima xornada o conxunto carballés que dirixe José Luis Lemos, medirase ao Navalcarnero, xa coa cita copeira ante o Raio Vallecano cada vez máis preto e na mente de todos.