O Bergantiños FC perdeu 0-2 este domingo na casa dun rival directo na clasificación como é o As Pontes, deste xeito cae varios postos na clasificación xeral e xa está en postos de descenso directo, moito terá que mellorar en xogo para manter a categoría, aínda que de momento tan só van 12 xornadas disputadas.
Un empate cultivou o UD Paiosaco-Hierros este sábado na casa fronte ao que debería ser un rival alcanzable como é o Arenteiro. Con este resultado, o equipo segue penúltimo na clasificación xeral, en postos de descenso directo.