O Bergantiños perdeu en Soria tras a remontada do Numancia a un golazo de Fito

Unha falta afastada botada de forma maxistral por Fito sorprendeu a Iván Martínez e o Bergantiños púxose por diante no marcador aos seis minutos de partido. Iván Martínez debutaba coa camiseta numantina e, sen apenas tempo, xa recollía o balón de dentro da súa portería. Non lle condicionou o temperán gol ao novo seteiro rojillo e a súa actuación nos Pajaritos resultou notable, do mesmo xeito que a do resto do equipo, que se soubo repoñer pola vía rápida ao gol encaixado e conseguiu remontar en apenas quince minutos.

Ian Olivera cabeceou de forma impecable ás mallas un córner botado por Bonilla e o Numancia conseguiu a igualada grazas á pelota parada. Apenas cinco minutos mais tarde unha boa acción de Alex Gil pola banda dereita permitiu gañar liña de fondo rival e o seu centro foi remachado ás mallas por Jony. Corría o minuto 21 de partido e o Numancia conseguira voltear o luminoso a base de bo fútbol, insistencia e unha gran defensa.

A segunda metade obrigou ao Numancia a unha boa xestión no físico para suxeitar a ofensiva de Bergantiños e aínda que o Numancia tivo varias opcións para o 3-1 nas botas de Alex Gil, Hugo Matos, Jony ou Dani García, ningún deles puido finalizar a xogada e o equipo esforzouse ata o final para defender a súa área e non dar opcións ao Bergantiños, dominante co balón, pero inoperante na finalización.

Related posts

O balonmán feminino vivirá este domingo en Carballo unha tarde de homenaxe a tres xogadoras do Xiria

O Calvo Xiria afronta este sábado un desprazamento vital ás Canarias

A IX Carreira do Apóstolo de Vilaño xa ten data confirmada: 18 de xullo de 2026