50
Este mércores, tras unha sesión de entreno de cara o primeiro partido de liga, O Bergantiños FC presentaba, na Praza do Concello de Carballo, a nova camisola para esta temporada, que se espera ilusionante e especial. Ademais tamén mostraron a súa segunda equipación e os novos suadoiros que estarán dispoñibles en dous modelos, con e sen capucha.