O Bergantiños puxo fin á pretemporada cunha nova vitoria en Vilalba (0-3)

1 minutes read
  • A eficacia do conxunto carballés foi suficiente para conquistar o XXIV Trofeo Président ante o Rácing Vilalbés.

Partido bastante igualado nos primeiros minutos na Magdalena, pero case ao final do primeiro tempo, Brunet, desde 35 metros, fixo un gol de belísima factura para poñer o 0-1 no marcador no minuto 37. O segundo tanto do encontro chegou no minuto 54 a balón parado, concretamente nun saque de esquina. Máis que mérito do Bergantiños, ante un erro dos xogadores locais. Uxío faría o terceiro e último tanto do partido de cabeza, unha das súas especialidades, tras un centro lateral.

O conxunto carballés non estivo cómodo do todo, pero igualmente impuxo a súa pegada, ao final 0-3. Mérito máis que suficiente para o conxunto que dirixe José Luis Lemos, que conseguiu o XXIV Trofeo Président, así como un pleno de vitorias en partidos amigables de pretemporada. Preparado xa para o inminente comezo de liga en Segunda RFEF, o vindeiro domingo día 5 de setembro na casa do UP Langreo.