O Bergantiños recibe ao CSD Arzúa


O Bergantiños FC recibe esta tarde ao CSD Arzúa ás 20:00 horas en As Eiroas. O adestrador do equipo carballés, José Luis Lemos Ameneiro, afirmou na previa do partido que “hai que ter a maior precisón para perder os menos balóns posibles”, o mister conclúe,”espero un equipo (Arzúa) moi directo e de bo físico, que sempre é moi complicado de bater”.