O conxunto carballés daba un gran paso este sábado pola permanencia no Requexón, nun encontro con pouca faísca por parte dos locais, segundos na xeneral. A pesar dos seus intentos, especialmente na segunda parte, foi o Bergantiños o que mostraba maior pegada, especialmente nos momentos craves do encontro. Sen xerar demasiado perigo, o equipo carballés empezou a sentirse cómodo sobre o terreo de xogo, con circulacións rápidas en campo rival. O primeiro aviso chegou no minuto 36, despois dunha gran xogada asociativa desde a banda esquerda. Sola ingresou na área e asistiu ao primeiro pau a Asier Grande, que non acertou co remate. Noutra xogada Álex Pérez, desde a esquerda, puxo a pelota na área do Vetusta, con tan mala sorte que lle pegou nas costas a Marco Esteban, deixando o esférico morto en zona franca. Aí apareceu Pedro Ramos, que cun golpeo moi preciso bateu a Narváez. 0-1 e xerro de auga fría para os asturianos xusto antes do descanso. A desesperación para o Vetusta chegou ao seu punto máis alto en o minuto 81, cando o árbitro interpretou como penalti o que parecía unha pugna polo balón dentro da área de Arturo Arribas e Pena. Fito Rodríguez asumiu a responsabilidade desde os once metros e con un disparo centrado bateu a Narváez. 0-2 e partido sentenciado. Non se rendeu o Vetusta, que seguiu tentándoo ata o asubío final. De feito, logrou maquillar o electrónico grazas ao tanto que marcaba no minuto 90, obra de Íker Gil tras un gran disparo desde a frontal, e mesmo tería outra boa ocasión no último minuto. Con este resultado, o Bergantiños sitúase na novena posición da clasificación con 45 puntos.
Real Oviedo Vetusta (1): Miguel Narváez, Adri Fernández (69′), Adri Lopes, Marco Esteban, Marcos Lopes (76′), Cheli (76′), Guille Berzal, Pablo Agudín, Lucas Antañón, Enzo Pérez (60′) y Jaime Coballes (60′). También jugaron Dieguito (60′), Diego Tejón (60′), Arturo (69′), Lamine Gueye (76′) e Íker Gil (76′).
Bergantiños F.C. (2): Canedo. Peña, Fito Rodríguez, Nacho Pastor, Antonio Sola, Tass, Diego González, Asier Grande, Iago Novo (85′), Alejandro Pérez y Pedro Ramos (74′). También jugaron Javirro (74′), Meli (85′), Frank Uwumiro (85) y Daniel Onyia (95′).
Goles: 0-1, minuto 44: Pedro Ramos; 0-2, minuto 81: Fito Rodríguez; 1-2, minuto 90: Íker Gil.
Árbitro: Alberto Martín, del Comité de Aragón. Amonestou a los locais Pablo Agudín, Enzo Pérez e Diego Tejón, e aos visitantes Pedro Ramos e Iago Novo.
Incidencias: Encontro correspondente á xornada 32 do campionato de Segunda RFEF disputado no Requexón ante 300 espectadores.