O Bergantiños remontou un partido que perdía no minuto 86 na casa do Somozas

1 minutes read

O partido estivo equilibrado máis de setenta minutos, pero nunha xogada inventada por Bruno e finalizada por Cambón, cun disparo seco, ao primeiro pau, que superou a Canedo, o Somozas adiantábase no marcador cun inesperado gol, 1-0. O equipo carballés non se veu abaixo e pelexou pola igualada, quince minutos máis tarde foi cando un cabezazo bombeado de Longo superou a Paco establecendo as táboas no luminoso, 1-1. Cando todo semellaba que non habería tempo para máis, nun saque de córner, Álex Ramos beneficiouse dun rexeitamento para centrar á cabeza de Cano, que rematou con potencia á portería, establecendo o 1-2 definitivo.
O Bergantiños con esta vitoria segue aferrado ao liderado, pero en dura pugna co Gran Peña, mentres o Somozas segue en baixada libre, tras non ser capaz de gañar nos seis últimos partidos xogados.

Paiosaco 0-1 UD Ourense

O Paoisaco non llo puxo fácil os das Burgas, pero un solitario gol de Luismi antes do descanso permite que a UD Ourense volva a gañar despois de catro xornadas sen facelo. O conxunto ourensán soubo controlar o empuxe local, aínda que non foi capaz de dominar o partido nin de ter tantas opcións de gol e acabou encerrado na súa área pola cantidade de xogadores ofensivos que introduciu o Paiosaco nos minutos finais, aínda que sen poder sacar nada en positivo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?