O Bergantiños segue planificando a nova tempada con movementos no plantel

O club informa da incorporación do dianteiro, natural de Candás (Asturias), Pablo Calvo Longo. O xogador asturiano (02/11/97) militou a tempada pasada no Club Deportivo Praviano de Terceira RFEF no que estivo estas dúas últimas campañas anotando un total de 23 tantos. Gran goleador e con gran poder físico que deu o salto á terceira procedente do Podes CF (Preferente), club no que se formou e evolucionou como xogador.

Baixas

O Bergantiños FC tamén comunica que Pablo Meixús e Josiño Filgueira non continuarán no clube para a vindeira tempada. Agradécenlles aos dous o seu compromiso e deséxanlles o mellor nos seus futuros proxectos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha