Empate a dous goles terminou o partido celebrado este sábado no Román Suárez Porta e que enfrontou ao Real Avilés e ao Bergantiños FC. Logo da resaca copeira ante o Raio Vallecano o conxunto carballés foi de menos a máis, ao revés do Avilés, que aproveitou a oportunidade para inaugurar o marcador por medio dun gol de Natalio no minuto 22. Na segunda parte chegou o gol para o conxunto carballés, que puxo as táboas por mediación de Antón Escobar aos 67 minutos, 1-1. Tras isto, unha nova ocasión permitiu incrementar o marcador do Bergantiños a través dun tanto de Charly aos 74 minutos que establecía o 1-2. Cando xa parecía que os tres puntos virían para Carballo, empatou o Real Avilés grazas a un gol de Ródenas no último suspiro do partido, no 93, terminando desta maneira o duelo cun marcador definitivo de 2-2. O Bergantiños con este empate e este punto conseguido sitúase na oitava praza da táboa clasificatoria con 22 puntos, á espera xa da próxima xornada que se enfrontará ao Arousa.
25