O Bergantiños suma un punto tras empatar 1-1 ante o Arenteiro

As Eiroas viviu este sábado ás cinco da tarde un partido entre dous vellos coñecidos e cun camiño moi paralelo, Bergantiños e Arenteiro, xa que ambos ascenderon xuntos fai máis de trinta anos á por entón chamada Segunda División B e volveron repetir logros, tras ser os dous mellores a liga pasada e co correspondente ascenso á Segunda Federación. O encontro estivo moi discutido e igualado na primeira metade, igualdade rota no luminuso ao bordo do descanso polo conxunto ourensán por mediación de Renan Zanelli, que abriu o marcador no minuto 44, colocando o 0-1 no marcador. Xa na segunda parte a sorte quixo que fose o único xogador ourensán do Bergantiños, Martín Lamelas, o que puxese as táboas no marcador 1-1, no minuto 82. Con esta repartición de puntos chegaríase ao final do partido en As Eiroas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha