O Bergantiños sumou tres puntos e tres vitorias consecutivas fronte ao Palencia Cristo Atlético


A oitava xornada na Segunda RFEF trouxo ao Palencia Cristo Atlético ao terreo de xogo de As Eiroas, equipo que do mesmo xeito que os carballeses comezou o curso deportivo con 10 puntos. O Bergantiños presentábase este sábado ante a súa afección coa súa mellor serie de resultados da tempada, pois encadeou as súas dúas únicas vitorias nas dúas últimas xornadas, gañaban ao Móstoles como locais (2-1) e a pasada semana repetían resultado para gañar tamén na instalación de Butarque ao filial do Leganés. Con estes antecedentes, o Bergantiños chegou ao campo coa intención de cultivar unha nova vitoria, na primeira metade moito respecto e moito xogo polas bandas, pero ningún dos equipos estivo acertado de fronte ao gol, polo que os primeiros 45 minutos concluíron co mesmo resultado de 0-0. Na segunda parte a visión de xogo do adestrador local, José Luis Lemos, movendo o banco, fixo que a sorte chegase para o equipo carballés, que aproveitou a oportunidade para inaugurar o marcador por medio dun gol de Boedo aos 81 minutos, terminando desta maneira o partido co resultado de 1-0.