O Bergantiños xoga mellor, pero co cambio de xogadores tamén perdeu en Avilés (1-0)

1 minutes read

O Bergantiños perdeu este domingo no campo do Avilés (1-0) e continúa complicando a súa situación co descenso a Terceira Federación cada vez máis preto. O conxunto carballés mudou dun xeito radical a faciana nos últimos días tras as novas incorporacións no mercado de fichaxes dende a chegada ao banco de José Durán . En Avilés non xogou mal, pero o equipo carece de capacidade de reacción. O partido decidiuse cun gol de Mayorga no minuto 70 ao rematar, case sen querer, un córner. Quinta derrota consecutiva para o Bergantiños, que se sitúa de xeito provisional de terceiro pola cola na clasificación xeral con 16 puntos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?