O Bergantiños xuvenil A ascende a liga nacional e o B á galega


O Bergantiños xuvenil A seguiu o ronsel do primeiro equipo e este sábado gañou en Narón o partido que disputou fronte ao Galicia Caranza por 2 goles a 1. En refacho tamén está o xuvenil B, que non quixo quedar atrás e logrou o pase á galega logo dun empate, unha prórroga e vencer nos penaltis ao Atl. Os Castros.