O bloque da dereita mantería a maioría absoluta, pero perde apoios

Foto.- jvp

Ata catro enquisas distintas publicadas este luns por diferentes medios de comunicación manteñen o Partido Popular como primeira forza en intención de voto, aínda que a tendencia apunta a unha perda de apoios respecto a anteriores sondaxes e a unha recuperación do PSOE, que recorta distancia. Con todo, tres das catro prevén a que a suma de deputados do bloque da dereita (PP e Vox) podería permitir a investidura dun goberno liderado por Núñez Feijóo. Os populares seguirían, con todo, gañando as eleccións con 143-145 deputados, un escano menos que o publicado nas sondaxes a semana pasada, e Vox obtería entre 37 e 39 escanos. O PSOE podería superar a barreira simbólica dos 100 deputados ao moverse entre os 99 e os 101 escanos e Sumar entre 31 e 33.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha