O Bloque de Cee pide que se interceda para que o día da Xunqueira non se abran as áreas comerciais na vila

No DOG 189 publicado recentemente aparece a orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2026.

«Un deles vai ser o 15 de agosto, día de especial importancia no noso pobo», afirman os nacionalistas.

No mesmo DOG tamén se pode ler “calquera concello poderá solicitar da consellería competente en materia de comercio a modificación de dúas datas para o seu termo municipal. Esta solicitude deberá ser motivada e realizarse antes do 15 de novembro, e ten que se presentar acompañada dos informes emitidos pola cámara de comercio, industria e navegación da zona e polas organizacións empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas. A consellería resolverá no prazo de quince días, contados desde a presentación da solicitude”.

Por iso, e dado qe a lei o permite, o BNG de Cee vén de solicitar a alcaldesa que interceda ante e Consellería para que o día da Xunqueira non se abra nigunha das áreas comerciais, cambiando esa data por outra, entendendo que esa ten unha relevancia importante para calquer habitante do concello, así como para que as traballadoras e traballadores do tecido comercial poidan desfrutar das festividades en igualdade de condicións que os demais veciños e veciñas.

Related posts

Vieiro pon en funcionamento o programa “Pais e Nais no Océano Educativo”

Detectado un foco de gripe aviaria en Cee

Vimianzo acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro