O Blue Star, totalmente limpo de combustible

1 minutes read
  • Durante o trasbasamento do fuel produciuse unha pequena fuga

Este luns finalizaron as tarefas de extracción do combustible do buque Blue Star, varado na ría de Ares, en A Coruña.

Sobre as dez e media da mañá e durante un cambio de mangueira, parte do combustible desbordouse e os operarios tiveron que colocar mantas sobre a cuberta do buque para intentar conter o fuel, que no mar ocupaba uns catro metros cadrados.

Nas tarefas de extracción participaron varias empresas, como SMIT Salvage, encargada polo armador para rescatar o buque, Ardentine Marine, operarios de Ingaroil e Armacon; todas realizando actividades baixo a supervisión de Salvamento Marítimo.