O Bluelink de Hyundai actualiza a súa tecnoloxía

1 minutes read
  • O concesionario « Autoxallas Hyundai» de Santa Comba converteuse nun dos máis punteiros de España en ofrecer a última tecnoloxía Hyundai.

O Bluelink de última xeración de Hyundai combina tecnoloxías intelixentes de automoción e de IT co fin de proporcionar un maior confort, seguridade e comodidade aos condutores. Ademais dunha refinada interface de usuario, o Bluelink actualizado ofrece unha serie de funcións que melloran a experiencia de condución dos clientes de Hyundai, incluíndo Roteiros Conectados, Navegación de última milla, información de aparcamento, así como unha nova función de perfil de usuario.

«Ao ampliar aínda máis nosa plataforma Bluelink de última xeración con funcións aínda máis interesantes, demostramos o noso compromiso de ofrecer a tecnoloxía máis avanzada aos clientes de Hyundai», explicou Andreas- Christoph Hofmann, vicepresidente de Marketing e Produtos de Hyundai Motor Europa.

Autoxallas Hyundai Santa Comba, atópase na Avenida de Santiago,40.