O blues volve a Fisterra en xuño


Xa hai data para a terceira edición do Festival Fisterra Blues Experience: será a fin de semana do 28 ó 30 de xuño.

A presentación tivo lugar na lonxa da localidade, e xa se deron algúns nomes que formarán parte do cartel que, ademais, contará con presenza internacional. Polo de agora están confirmados Los Deltonos (banda de rock española), Víctor Aneiros (guitarrista e compositor, está considerado un dos pioneiros do blues en galego) e Morgan Ji (cantante que presentará o seu traballo Woman Soldier).

Ó acto acudiron, entre outros, Javier Turnes, director artístico do Festival; José Marcote e Kuka Sar, alcalde e tenente alcalde de Fisterra, respectivamente, e Manuel Muíño, da Deputación de A Coruña.