A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón esixiu “explicacións e transparencia” sobre as causa do derrube da ponte da A-6 e denunciou o que calificou como “pacto de silencio PP-PSOE” para protexer intereses partidistas e empresariais. Afirmou que desde o BNG están “escandalizados e moi preocupados” polo acontecido no viaduto despois do segundo derrube e alguén terá “que dar explicacións” é resulta “inadmisible” pasar de estar a piques de reabrir esa ponte con arranxos millonarios e agora propoñer “a súa demolición”.
Para a líder nacionalista, o acontecido evidencia “unha complicidade, un pacto de silencio PP-PSOE que nós parece politicamente impresentable”. A quen queren protexer? Ao Sr. Álvarez Cascos? A Florentino Pérez? Ao lobby do Palco do Bernabeu? preguntou.
Desde o BNG queremos explicacións e transparencia e reclamamos: “ a comparecencia da Ministra de Transporte, unha auditoría independente de todas as pontes da A-6 e unha estratexia e calendario para poder circular con seguridade pola A-6” e dende o BNG, “iremos até o fondo, caia, que caia”, concluíu.