O BNG acusa ao Goberno do PP de desentenderse dos produtores de leite ante a caída de prezos

1 minutes read

O BNG acusa á Consellería do Medio Rural de «desatender» aos produtores de leite e estar «ausentes» ante a súa situación, debido a que teñen uns custos reais de produción maiores do que se paga polo leite. «Aínda por riba», censurou que estes custos de produción creceron polo incremento do prezo da luz.

O portavoz parlamentario de Medio Rural do BNG, Xosé Luís Rivas, afirmou que “o problema do prezo do leite mantense no tempo porque é utilizado como produto reclamo polas cadeas de distribución, de tal xeito que o que paga o consumidor non se corresponde cos custes reais de produción”.

Rivas reclamou unha «urxente» posta en marcha dun organismo público que poida establecer os custos reais de produción e ampare ás explotacións de leite, unha labor do que «o goberno de Feijóo desertou desde 2009». O Goberno do PP ten «a obrigación» de «exercer presión» a favor dos produtores, de igual forma que reparte «millóns entre a industria leiteira para melloras, obras e demais», concluíu.