O BNG afirma que «Feijóo prepara unha reforma que subiría o prezo da auga até o 60%»

Cedida.

O BNG afirmou este luns que o Goberno do PP ultima un novo anteproxecto de lei que suporá un aumento de até o 60% do prezo da auga nos concellos onde a Xunta xestiona as depuradoras. Como? Incrementando o canon de xestión das depuradoras e incluíndo un novo canón á xestión da rede de recolectores.

“Despois de estar once anos cruzado de brazos, o Executivo de Feijóo prepara unha subida do recibo da auga pola innovadora fórmula de cobrar por depurar a auga de choiva, -antes foi o imposto ao sol, agora é o imposto á choiva-, unha proposta que, ademais, penalizará aos concellos que fixeron máis investimentos para ter unha boa rede de recollida de pluviais”, explicou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

“Unha familia de tres membros que consuma 39 metros cúbicos de auga pasaría de pagar 16 euros a pagar 25,97 euros ao mes, ao que habería que engadir o imposto do IVE”, explicou a líder do Bloque.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha