O BNG afirma que Galicia «merece respecto» e non un Goberno da Xunta «paralizado»

0 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que o que fai nestes momentos o Partido Popular é unha falta de respecto institucional, de respecto a Galicia e a todos os galegos, especialmente aos que confiaron na súa palabra», é «unha temeridade» que «no medio dunha crise» Galicia teña un goberno «paralizado». Pontón censurou que Núñez Feijóo continúe cobrando como presidente da Xunta, pero traballe «exclusivamente» para o Partido Popular, e insistiu que Galicia «merece respecto» e que «merece un goberno pendente dos seus asuntos e non mirándose o embigo do PP».