O BNG afirma que ‘Galiza esta sendo discriminada nos Next Generation’

Cedida.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advirte contra a discriminación de Galiza na xestión e distribución dos fondos de recuperación económica Next Generation, despois de que a reunión entre o presidente da Xunta e a vicepresidenta económica de Economía se saldase sen ningunha proposta ou compromiso concreto de investimento para o País, mentres se está coñecendo a implantación de proxectos estratéxicos, os denominados PERTES, noutros territorios do Estado.

“Estamos vendo que Galiza queda atrás e a reunión entre o señor Rueda e a señora Calviño foi unha confirmación, porque tras ese encontro ao máximo nivel o resultado foi cero euros para Galiza, cero, nada de nada. Vimos unha foto e boas palabras, pero as fotos e as boas palabras non xeran riqueza, nin xeran emprego e non van tapar a evidencia de que o noso País está sendo discriminado na xestión deses fondos de recuperación”, salientou Pontón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha