O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Laxe emitiu un comunicado este sábado no que afirma que «o grupo de goberno do PP de Laxe incrementou en 15.000€ o gasto previsto para o servizo de mantemento eléctrico ao contratar o alumeado de nadal por fóra do contrato municipal, o que supuxo un 33,33% máis».
De estar en vigor o contrato de mantemento do alumeado público, cuestión que quedaría á interpretación duns xuristas, posto que hai opinións contrastadas, ao interpretar uns/unhas que malia estar vencido e prorrogado e seguirse a pagar segue vixente, e outrxs xuristas que opinan que ao estar vencido e prorrogado xa non está vixente aínda que se siga a pagar, estariamos a falar de MALVERSACIÓN DE FONDOS PÚBLICOS.
«Por elo, e a pesares de ter vencido en marzo de 2021 o actual contrato coa empresa adxudicataria e terse executada a prórroga de dito contrato, o grupo de goberno, lonxe de sacar a concurso a contratación de dito servizo, non só segue a pagar dito contrato coa mesma cuota mensual senón que contratou por fóra dese contrato o servizo do alumeado do nadal no que invertíu 15.000€, cando o punto número 5 do contrato prorrogado dí claramente que os alumeados especiais de festas e nadal deberán ser executados polo concesionario, ou, o que é o mesmo, deberán ser pagados pola empresa adxudicataria».
«De non sacarse a concurso a contratación durante este ano, imos estar noutro incremento de gasto posto que se contratou tamén por fóra do contrato prorrogado o alumeado con farois do Rosario da Boa Morte por un importe de 1754,50€, e, en dito contrato, por certo, a nivel semántico, emprégase de xeito erróneo o termo «mítico» no lugar de «típico» posto que nunca se debería falar da contratación dun alumeado mítico, porque un alumeado nunca pode ser mítico, o mítico é algo único que xa aconteceu, é algo lexendario, famoso, fabuloso ou mitolóxico, polo tanto o termo correcto para referirse a un alumeado é TÍPICO», conclúen dende o BNG.