O Bloque Nacionalista Galego alerta dun novo aumento «moi preocupante» dos tempos de espera na Atención Primaria de Vigo. A fronte nacionalista realiza esta denuncia tras recibir numerosas queixas veciñais por demoras para ter unha cita que, nalgúns centros de saúde como Navia, chegan até as dúas semanas para ser atendidos por un médico ou médica de Familia. Unhas demoras que, segundo denuncian desde o Bloque, están a provocar unha sobrecarga asistencial no Punto de Atención Continuada (PAC) e nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. «A saúde non pode esperar, a enfermidade non se presenta cando lle convén administrativamente á Xunta do PP», afeou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou de «inaceptábeis» estas longas esperas.
32