A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación do concurso de vixilancia privada dos edificios xudiciais, que prevé unha redución do persoal, tras manter unha reunión con CIG-Servizos. Carmela González, deputada do BNG no Parlamento galego afirmou que «este prego de condicións deixa claro que a Xunta non vai poñer en marcha as gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo que levamos anos demandando o BNG e o sector xudicial». Pola súa banda o concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, afirmou que «o único que lle preocupou ao Partido Popular foi unha vistosa inauguración dun grande edificio, pero o que precisamos é dunha administración de Xustiza dotada dos medios necesarios para ser máis áxil e eficaz».
38