O BNG alerta do ‘declive’ do Entroido en Laxe

O BNG de Laxe alertou do que definiu como ‘progresivo declive’ do Entroido, unha festa crave para a identidade e a tradición local. Segundo os nacionalistas, a celebración careceu de planificación,  innovación, investimento e colaboración coas asociacións.

Denuncian tamén que a figura do Caietano, creada para revitalizar o Entroido, perdeu protagonismo, e que as asociacións locais están a quedar nun segundo plano.

O BNG reclama máis apoio ás asociacións, recuperar o protagonismo do Caietano, promover unha programación participativa e asumir un compromiso real coa cultura local.

“Laxe merece un Entroido vivo, forte e con futuro”, conclúen.

Related posts

12 medallas e 10 récords do club para os nadadores e as nadadoras da A.D. Fogar en Cervo

Buño acolleu unha multitudinaria festa da Mikaela

Ponteceso celebrará en maio a primeira Festa do Maior