O BNG amosa o seu apoio ás demandas da hostalaría

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, amosou o apoio da formación ás demandas do sector hostaleiro, “gravemente afectado pola pandemia e pola  escalada de prezos da enerxía e o combustible”. Pontón destacou o importante papel do sector da hostalaría e do turismo para Galiza, un sector, dixo, que “move máis de 60.000 empregos e cunha grande contribución ao PIB” e na actualidade, con moitas dificultades tras o impacto da pandemia e o incremento dos prezos. Neste sentido, considerou que resulta imprescindible negociar co sector “un plan de Axudas vinculado ao mantemento e creación de emprego”.

A portavoz do BNG pediu “valentía” ao goberno galego e que  abandone “os continuos anuncios e propaganda” por que polo momento, “ningunha das medidas anunciadas por Feixóo están publicadas no DOG” e os sectores hostaleiro, pesqueiro, agrogandeiro e do transporte “non viven de promesas, requiren gobernos á altura das circunstancias e non en campaña electoral interna como está Feixóo no Partido Popular”, concluíu.