O BNG aposta por medidas que incrementen a autonomía financeira de Galicia

1 minutes read

Tras un encontro con economistas, a portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou as propostas que levará á comisión, medidas concretas que darían maior soberanía financeira: aumentar até o 90% a cesión do IVE e o do IRPF, reclamar a cesión do imposto de sociedades, establecer que as empresas con actividade produtiva en Galicia tributen aquí a parte que lles corresponda, -por exemplo ás eléctricas-, e medidas que permitan avanzar nunha fiscalidade verde ante o reto da emerxencia climática. A líder nacionalista mostrou a súa preocupación pola estratexia de Feijóo sobre estes asuntos, plasmada no chamado cumio de presidentes celebrado en Santiago coa presencia de sete comunidades autónomas.