O BNG avisa dun «ERE invisible» no sector cultural

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo, por videoconferencia, un encontro con representantes de diferentes sectores da cultura galega aos que trasladou o apoio e compromiso dos concellos e deputacións gobernados polo BNG, ou con representación, para poñer en marcha medidas urxentes co fin de reactivar o sector. Pontón afirmou que a cultura está vivindo un “ERE invisible” e asegura que a crise do Covid-19 constata que a cultura “é necesaria para crear cohesión social  é un sector básico da economía galega. “O sector  da cultura galega ten que saír reforzado desta crise con apoio e colaboración, tras moitos anos de debilitamento”.

O BNG reclama «tramitar todas as axudas pendentes, «activar» unha liña específica para «compensar as perdas» do sector e traballar para que a CRTVG aposte por que se contrate unha «programación tamén específica» de apoio a música, o teatro e outras disciplinas artísticas do país.