O BNG califica de “atraco” a subida das peaxes da AP-9

dpm.

O deputado do BNG, Luís Bará cualificou este xoves de “atraco e espolio” o anuncio da subida das peaxes na AP-9. O parlamentario presentou as propostas do BNG contra esta medida entre as que destacou, o apoio á plataforma de organizacións empresariais e persoas usuarias e iniciativas no Parlamento galego e no Congreso dos deputados no que a AP-9, afirmou, “será un asunto de máxima prioridade” tras a conformación do novo goberno. Bará recalcou que o obxectivo “irrenunciable” na presente lexislatura será a defensa da transferencia da titularidade e xestión da AP-9 así como “a gratuidade da autoestrada”.