O BNG celebra os resultados das eleccións

1 minutes read

Primeira reunión do Consello Nacional tras o histórico resultado electoral que deixa ao BNG como a forza política de referencia e alternativa a liderar o Goberno en catro anos. E esa foi unha das principais mensaxes da portavoz nacional, Ana Pontón, quen pediu traballar desde xa “con responsabilidade e humildade” para avanzar e conseguir “o sorpaso que importa”: o que permita poñer en marcha un cambio galego en 2024. Ana Pontón agradeceu os máis de 300 mil votos e os 19 escanos conseguidos. O Bloque triplica votos e representación no Parlamento galego e, segundo dixo Ana Pontón, teñen que ser o mellor estimulo para traballar nos vindeiros anos. A líder nacionalista insistiu na “man tendida” do Bloque para aunar esforzos, “para facer política con altura de miras” para erguer Galiza no medio dunha crise económica sen precedentes.