21
O BNG celebrou este sábado o 175 aniversario dos acontecementos relacionados cos Mártires de Carral cunha homenaxe. O Bloque conmemorou este 24 de abril a Revolución Galega de 1846. O lugar elixido foi unha praza da zona vella de Santiago, un dos escenarios chave desa revolución. Esta foi unha xornada de lembranza histórica e de reivindicación política dos Mártires de Carral.-En palabras de Goretti Sanmartín– houbo «unha xeración que abraza Galicia como proxecto político e que empeza a preocuparse para saír da situación de sometemento que padece». Sanmartín enmarcou esta iniciativa nos traballos pola memoria histórica que desenvolve o BNG no ámbito local.